Ecolex, xestión integral de residuos

Somos unha empresa adicada á xestión integral de residuos, especializada no tratamento de residuos de natureza fotoquímica.

Estamos autorizados pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da XUNTA DE GALICIA para o transporte, almacenamento e valorización de residuos industriais e perigosos.

Valorizamos placas radiográficas, fotolitos, fixadores, branqueos, revelador de película e revelador de prancha.

Asimesmo actuamos como centro de transferencia para lles dar un maior servizo aos nosos clientes, xestionando tintas de impresión, tintas con disolventes, disolventes, envases contaminados por sustancias perigosas (metálicos e plásticos), materiais de absorción e filtración contaminados, etc.

Actualmente, damos servizo a toda Galicia aínda que temos prevista a nosa expansión a comunidades limítrofes e a Portugal.

Descargar listado de residuos autorizados

Copyright © Ecolex. Todos os dereitos reservados. ECOLEX é unha empresa adicada á xestión integral de residuos.
Contacto | Texto legal | Accesibilidade

Somos unha empresa ecolóxica. Isto significa que nos preocupamos polo medio ambiente e intentamos utilizar todos os recursos de xeito responsable.